Regulamento
Regulamento
Proximamente...
IV PROBA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ”OS 10.000 PEREGRINOS”
A Deputación da Coruña organizará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o vindeiro 22 de marzo de 2026 na cidade compostelá, a IV PROBA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ”OS 10.000
PEREGRINOS”, unha proba de calendario Internacional Tipo II que entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e que constará das seguintes probas:
- Carreira de 10k en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo.
- Carreira 5k en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo.
- Carreira 2k Escolares en ruta, proba non homologada.
- Carreira 2k «Sen barreiras» en ruta (carreira aberta, participativa e inclusiva)
Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os nenos/as, mozos/as e maiores da provincia da Coruña cunha competición de gran relevancia no atletismo provincial e autonómico, para fomentar e promover o deporte en xeral a través da práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha proba única na provincia da Coruña.
As probas estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexerase polo seguinte regulamento:
1. Horarios
- 10.00h 10km homologados pola RFEA
- 11.30h 5km homologados pola RFEA
- 12.10h 2 km escolares
- 12.40h «Sen barreiras» 2km
- 13.10h Entrega de premios(Praza do Obradoiro)
2. Inscricións
As inscricións realizaranse a través da páxina web de evento https://os10000peregrinos.gal/ así como na web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
A inscrición nas diferentes probas serán de balde.
Dende o día seguinte de aprobación e publicación das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia ata o 15 de marzo de 2026.
Cada participante só se poderá inscribir nunha das probas ofertadas coa excepción da Carreira 2k «Sen barreiras».
As persoas xa inscritas en calquera das probas do evento poderán participar tamén nesta carreira «Sen barreiras» sen necesidade de realizar unha nova inscrición, podendo empregar o mesmo dorsal asignado para calquera das outras carreiras.
3. Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.
IV Proba Deputación da Coruña ”Os 10.000 peregrinos” celebrarase en Santiago de Compostela a mañá do 22 de marzo de 2026.
A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco. A meta estará localizada na Praza do Obradoiro.
4. Categorías dos participantes
Proba de 10K
- Sub18: 2009 – 2010.
- Sub20: 2007 – 2008.
- Sub23: 2004 – 2005 – 2006.
- Seniors: 1992 – 2003.
- Máster 35: 1986 – 1991.
- Máster 40: 1976 – 1985.
- Máster 45: 1966 – 1975.
- Máster 50 e seguintes: 1965 e anteriores.
Proba de 5K
- Sub18: 2009 – 2010.
- Sub20: 2007 – 2008.
- Sub23: 2004 – 2005 – 2006.
- Seniors: 1992 – 2003.
- Máster 35: 1986 – 1991.
- Máster 40: 1976 – 1985.
- Máster 45: 1966 – 1975.
- Máster 50 e seguintes: 1965 e anteriores.
Proba 2K escolares
- Sub 16: 2011 – 2012.
- Sub 14: 2013 – 2014.
- Sub 12: 2015 – 2016.
Na Carreira 2k Sen Barreiras poderán participar todas as persoas que o desexen. Esta proba non contará con clasificación nin con entregas de premios e non computará para ningunha puntuación relativa a centros escolares nin a clubs federados escolares.
- Poderá participar nesta carreira aberta, participativa e inclusiva calquera persoa inscrita previamente, sen límite de idade e independentemente da súa condición física ou da existencia de diversidade funcional.
- Permitirase a participación con cadeiras de rodas, andadores, carriños infantís ou outros elementos de apoio á mobilidade, sempre que non supoñan un risco para a seguridade das demais persoas participantes.
- As persoas que precisen apoio poderán ir acompañadas por familiares, amizades ou persoas voluntarias, sempre que estes acompañantes estean tamén formalmente inscritos.
- Todas as persoas participantes deberán levar o dorsal oficial da carreira, colocado en lugar visible, e respectar as indicacións da organización.
CAIXÓNS DE SAÍDA:
Nas probas de 10 k e 5 k estableceranse caixóns de saída por orde de marcas, para o cal os/as participantes terán que facilitar a marca oficial na distancia no momento de realizar a súa inscrición na web https://os1000peregrinos.gal
PECHE DE CONTROL:
A proba de 10 K pecharase 1 h e 15’ despois da saída da proba (11:15 horas). Todo/a participante que transcorrido ese tempo non chegase a meta, quedará fora de carreira.
5. Premios e trofeos
5.1 Sistema de clasificación para premios
Outorgaranse só na proba de 10 km homologada os seguintes premios económicos por clasificación:
Atletas masculinos/femininos clasificación xeral:
- 1º/1ª : 800€
- 2º/2ª : 600€
- 3º/3ª: 425€
- 4º/4ª: 300€
- 5º/5ª: 200€
- 6º/6ª: 150€
- 7º/7ª: 125€
- 8º/8ª: 100€
Atletas galegos/as (premio non acumulable) (1):
- 1º/1ª Galego/a: 500€
- 2º/2ª Galego/a: 300€
- 3º/3ª Galego/a: 200€
- 4º/4ª Galego/a: 150€
- 5º/5ª Galego/a: 100€
- 6º/6ª Galego/a: 50€
Premio por bater o récord da proba de 10 K masculino e feminino: 400 €
- Récord masculino 30:07 (MOHAMED EL GHAZOUANY)
- Récord feminino 34:03 (ALICE FINOT)
(1) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou que teñan nado nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, as persoas premiadas deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento, ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Só se poderá percibir o premio de maior contía, non sendo o mesmo acumulable (por exemplo, se o/a primeiro/a galego/a obtén un premio da xeral maior, non correrá posto, é decir, o segundo galego non pasará a ser primeiro/a galego/a e sucesivamente …).
5.2 Aboamento de premios en metálico
A Deputación da Coruña aboará os premios mencionados na base anterior directamente ás persoas ou aos clubs e centro escolares participantes, en función da clasificación obtida e que consta na acta da clasificaión nas diferentes probas.
Coa finalidade de percibir os premios por participación nas carreiras, que se aboarán mediante transferencia bancaria, as persoas ou os clubs participantes deberán achegar a través da sede electrónica da Deputación da Coruña (solicitude xeral), e con referencia IV Proba Deputación da Coruña «Os 10.000 peregrinos» a seguinte documentación:
- Designación da conta bancaria na que se efectuarán os aboamentos, conforme ao modelo normalizado que figura na páxina web: MODELO_DESIGNACION_CUENTA_BANCARIA_GALEGO.pdf
- Achegarán ademais certificación de titularidade da conta seguindo as instrucións que figuran neste modelo.
- Autorización para que a Deputación poida obter as certificaións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería da Seguridade Social e da Deputación Provincial da Coruña, nas que se acredite que está ao corrente nas súas obrigas.
- Autorización para que a entidade adxudicataria do contrato de coordinación das carreiras que integran o «XI Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña», poida facilitar á Deputacion da Coruña os seus datos persoais, coa finalidade de organizar o acto de entrega de trofeos na sede da Deputación.
- NIF do club/persoa participante.
- Enderezo de correo electrónico do club/persoa participante de notificación.
5.3 Trofeos
Outorgaranse trofeos:
- Aos/ás tres primeiros/as absolutos da proba de 10k
- Aos/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría das establecidas para a proba 10k no presente regulamento
- Aos/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba 5k
- Aos/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos da proba 2k
5.4 Premios especiais a clubs e centros escolares
Aos tres clubs federados e aos tres centros escolares que maior número de atletas participantes aporten á proba de 2k Escolares, recibirán trofeo e os seguintes vales de material deportivo:
CENTROS ESCOLARES
- 1º Centro Escolar: Vale material deportivo de 300€
- 2º Centro Escolar: Vale material deportivo de 200€
- 3º Centro Escolar: Vale material deportivo de 100€
CLUBS FEDERADOS ESCOLARES
- 1º Club federado: Vale material deportivo de 300€
- 2º Club federado: Vale material deportivo de 200€
- 3º Club federado: Vale material deportivo de 100€
Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma, e, no caso dos clubes federados, deberán aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor na propia inscrición.
A Carreira «Sen Barreiras» aberta, participativa e inclusiva de 2km non terá clasificación nin premiación, e non computará para ningunha puntuación relativa a centros escolares nin a clubs federados escolares.
5.4 Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar a partir das 13:10 h na Praza do Obradoiro.
6. Avituallamientos
Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 k, e avituallamento líquido e sólido na meta de todas as probas.
7. Lebres
Estableceranse 4 lebres cos seguintes tempos: 40’ – 45’ – 50’ e 55’ respectivamente. Levarán un distintivo identificativo dentro da proba coa fin de servir como referencia para os corredores que desexen correr nesas marcas.
8. Entrega de dorsais
A entrega de dorsais terá lugar nos seguintes prazos:
LUGAR: PRAZA DO OBRADOIRO
Horarios e días:
Sábado 21 de marzo de 10.00 a 20.00 horas.
Domingo 22 de marzo de 08.30 ate 30′ antes do inicio de cada proba
9. Servizo de gardarroupa
Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta.
10. Circuíto
As probas disputaranse sobre un circuíto de 10 km en ruta, e outro de 5 km en ruta, ambos homologados pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán á clasificación galega e nacional en ambas distancias. Os circuítos estará publicados de xeito previo nas páxinas web www.os10000peregrinos.gal e www.carreirasgalegas.com .
Tamén haberá un percorrido de 2 km non homologado para as categorías escolares.
A saída de todas as probas será na rúa San Francisco e a meta será na Praza do Obradoiro.
OS PERCORRIDOS QUEDARÁN PECHADOS AO TRÁFICO RODADO A PARTIR DAS 09.00 H.
11. Servizo de duchas
Habilitarase un servizo de duchas no campo de fútbol de Santa Isabel e no pavillón Lorenzo de la Torre.
12. Outras consideracións regulamentarias
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
Responsabilidade
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón de Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
LOPD
Habilítase á Federación Galega de Atletismo como encargada do tratamento dos datos, para tratar por conta de Deputación da Coruña, responsable do tratamento, os datos de carácter persoal das inscricións nas diferentes probas.
Os datos persoais facilitados pola Federación Galega de Atletismo serán tratados pola Deputación da Coruña para xestionar a presente proba e os expedientes relacionados. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais baséase no cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento. Os datos poderán ser comunicados ás Administracións públicas para o exercicio das súas competencias e serán conservados de acordo co establecido nanormativa de arquivo.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sde electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo, se consideran que o tratamento incumpre co establecido no RXPD pode reclamar perante a AEPD.
Poden consultar máis información relacionada coa protección de datos na nosa Política de Privacidade ou dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.
NOTA:
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o/a atleta consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e clasificación popular de probas de ruta.