Regulamento

Regulamento

10K Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organizará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o vindeiro 6 de abril de 2024 a II proba “Os 10000 peregrinos da Deputación da Coruña”, unha proba de calendario Internacional Tipo II que entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e que constará das seguintes probas:

 

  • Carreira de 10 km en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo;
  • Carreira de 5 km en ruta, proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo:
  • Carreira de 2 km en ruta, proba non homologada;
  • Andaina de 5 km en ruta.

 

Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os nenos/as, mozos/as e maiores da provincia da Coruña, cunha proba de gran relevancia no atletismo provincial e autonómico, para fomentar e promocionar o deporte en xeral a través da práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha proba única na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida desde os máis xoves ata os de maior idade.

 

As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexerase polo seguinte regulamento:

1. Horarios

Hora Proba
17:00 h
2 km escolares
17:30 h
10 km homologados RFEA
19:30 h
5 km homologados RFEA
19:35 h
Andaina popular de 5 km
20:30 h
Entrega de premios (Praza do Obradoiro)

2. Participantes e inscricións

Poderán participar un total de 5.000 deportistas coa seguinte distribución:

  • 2000 atletas para unha proba de 10K;
  • 1000 atletas para unha proba de 5K;
  • 1000 atletas para unha proba de 2K;
  • 1000 participantes nunha andaina para tódolos públicos.

Se nalgunha proba das anteriormente mencionadas non se completasen as prazas ofertadas, procederemos a aumentar ditas prazas noutra proba diferente.

3. Cota e prezos de inscricións:

As inscricións realizaranse a través da páxina web do evento www.os10000peregrinos.gal así como na web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.

Os prazos e cotas de inscrición serán os seguintes:

Cotas de inscripción

GRATUITA
  • Proba de 10 K (adultos)
  • Proba de 5 K (adultos)
  • Proba de 2 K (escolares)
  • Andaina de 5k
PRAZO DE INSCRICIÓN:    

Do de 26 febreiro ao 3 de abril de 2024.

Cada participante só se poderá inscribir nunha das probas ofertadas. Deberán indicar a talla de camiseta (agasallo do participante) no momento da inscrición.

4. Lugar de saída e meta das probas e data de celebración.

O 10K Deputación da Coruña celebrarase en Santiago de Compostela a tarde do 6 de abril de 2024.

A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro.

5. Categorías dos participantes

Categoría Ano
10 k
5 k
Xuvenís / sub 18
2007 - 08
Xuniors / sub 20
2005 - 06
Promesa / sub 23
2002 - 2004
Senior
1990 - 2001
Máster 1
1984 - 1989
Máster 2
1974 - 1983
Máster 3
1964 - 1973
Máster 4
1963 e anteriores
Categoría Ano
2 k
Cadetes / sub 16
2009 - 10
Infantiles / sub 14
2011 - 12
Alevíns / sub 12
2013 - 14
Andaina 2016 e anteriores

CAIXÓNS DE SAÍDA:

Nas probas de 10 k e 5 k estableceranse caixóns de saída por orde de marcas, para o cal os/as participantes terán que facilitar a marca oficial na distancia no momento de realizar a súa inscrición na web https://os1000peregrinos.gal

PECHE DE CONTROL:

A proba de 10 K pecharase 1 h e 15’ despois da saída da proba (18:45 horas). Todo/a participante que transcorrido ese tempo non chegase a meta, quedará fora de carreira.

6. Sistema de clasificación para premios

Outorgaranse só na proba de 10 km homologada os seguintes premios económicos por clasificación:

Atletas masculinos/femininos clasificación xeral:

Posto Premio
1º / 1ª
800 €
2º / 2ª
600 €
3º / 3ª
425 €
4º / 4ª
300 €
5º / 5ª
200 €
6º / 6ª
150 €
7º / 7ª
125 €
8º / 8ª
100 €

Atletas galegos/as (premio non acumulable) (1):

Posto Premio
1º / 1ª Galego/a
500 €
2º / 2ª Galego/a
300 €
3º / 3ª Galego/a
200 €
4º / 4ª Galego/a
150 €
5º / 5ª Galego/a
100 €
6º / 6ª Galego/a
50 €

Premio por bater o récord da proba de 10 K masculino e feminino: 400 €

Récord masculino Récord femenino
30:07
(MOHAMED EL GHAZOUANY)
34:38
(CRISTINA RUIZ FERNANDEZ)

(1) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento ádirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Só se poderá percibir o premio de maior contía, non sendo o mesmo acumulable (por exemplo, se o/a primeiro/a galego/a obtén un premio da xeral maior, non correrá posto, é decir, o segundo galego non pasará a ser primeiro/a galego/a e sucesivamente …).

Os premios económicos serán aboados polo adxudicatario do contrato da organización, coordinación, realización e control técnico da “II Proba 10000 peregrino 10K Deputación da Coruña” .

Os premios económicos non son acumulativos levarase só o de maior contía, e non se correrá lista na premiación nestes casos .

7. Trofeos

Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de 10 k e 5 k, e os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento.

PREMIOS PROBA 2 K ESCOLARES

Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as cada categoría establecida no presente regulamento.

PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES E CENTROS ESCOLARES

Os 3 clubs federados e os 3 centros escolares que maior participación aporten á proba de 2 K, recibirán trofeo e os seguintes vales de material deportivo.

CENTROS ESCOLARES

Posto Premio
1º Centro escolar
Vale material deportivo de 300 €
2º Centro escolar
Vale material deportivo de 200 €
3º Centro escolar
Vale material deportivo de 100 €

CLUBES FEDERADOS ESCOLARES

Posto Premio
1º Clube federado
Vale material deportivo de 300 €
2º Clube federado
Vale material deportivo de 200 €
3º Clube federado
Vale material deportivo de 100 €

Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma, e, no caso dos clubes federados, deberán aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor na propia inscrición.

8. Entrega de premios

A entrega de premios terá lugar a partir das 20.30 horas na Praza do Obradoiro.

9. Avituallamientos

Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 k, e avituallamento líquido e sólido na meta de todas as probas.

10. Lebres

Estableceranse 4 lebres cos seguintes tempos: 40’ – 45’ – 50’ e 55’ respectivamente. Levarán un distintivo identificativo dentro da proba coa fin de servir como referencia para os corredores que desexen correr nesas marcas.

11. Servizo de fisioterapia

Haberá servizo de fisioterapia ubicado na zona de meta desde as 17:00 ate as 21:00 horas aproximadamente.

12. Entrega de dorsais

A entrega de dorsais terá lugar nos seguintes prazos:

LUGAR:      

PRAZA DO OBRADOIRO

Horarios e días:

  • Venres 5 de abril de 10:00 a 20:30 horas

  • Sábado 6 de abril de 10:00 ate 30’ antes do inicio de cada proba

13. Servizo de gardarroupa

Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta e recollida de dorsais.

14. Circuíto

As probas disputaranse sobre un circuíto de 10 km en ruta, e outro de 5 km en ruta, ambos homologados pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking galego e nacional en ambas distancias. Os circuítos estará publicados nas páxinas web www.os10000peregrinos.galwww.carreirasgalegas.com

Tamén haberá un percorrido de 2 km non homologado para as categorías escolares.

A saída de todas as probas será na rúa San Francisco e a meta será na Praza do Obradoiro.

OS PERCORRIDOS QUEDARÁN PECHADOS AO TRÁFICO RODADO A PARTIR DAS 16:30 H.

15. Servizo de duchas e fisioterapia

Habilitarase un servizo de duchas e vestiarios no campo de fútbol de Santa Isabel e no pavillón Lorenzo de la Torre, e servizo de fisioterapia na zona de chegada das probas (Praza do Obradoiro).

16. Outra consideración regulamentarias

Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

 A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.

Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.

Responsabilidade

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ouneglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecementomédico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devanditaresponsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes Deportivos e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Así mesmo autorizan á grabación e realización de fotografías e un video para a difusión da proba e publicidade por parte da Deputación Provincial da Coruña e da Federación Gallega de Atletismo.

NOTA:

Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Complexo Deportivo de Elviña Praza Agustín Díaz, s/n- 15008 A Coruña.

Scroll al inicio