Información

Información

 

SAÍDA:

  • 17:00 h - 2km escolares
  • 17:30h - 10km 
  • 19:30h - 5km
  • 19:35h - Andaina popular de 5km

PREMIOS

A entrega de premios terá lugar a partir das 20:30 h na Praza do Obradoiro.

A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro.

Mais info

DORSAIS
A entrega de dorsais terá lugar nos seguintes prazos:

Lugar:      PRAZA DO OBRADOIRO

Horarios e días:

  • Venres 5 de abril de 10:00 a 20:30 horas

  • Sábado 6 de abril de 10:00 ate 30’ antes do inicio de cada proba

Nas probas de 10 k e 5 k estableceranse caixóns de saída por orde de marcas, para o cal os/as participantes terán que facilitar a marca oficial na distancia no momento de realizar a súa inscrición na web https://os10000peregrinos.gal/ .

Estableceranse 4 lebres cos seguintes tempos: 40’ – 45’ - 50’ e 55’ respectivamente. Levarán un distintivo identificativo dentro da proba coa fin de servir como referencia para os corredores que desexen correr nesas marcas.

A proba de 10 K pecharase 1 h e 15’ despois da saída da proba (18:45 horas). Todo/a participante que transcorrido ese tempo non chegase a meta, quedará fora de carreira.

A entrega de premios terá lugar a partir das 20:30 h na Praza do Obradoiro.

PREMIOS INDIVIDUAIS:

Outorgaranse trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos das probas de 10 k e 5 k, e os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no  regulamento.

Outorgaranse tamén trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as da 2K en cada categoría establecida no presente regulamento.

Máis info

PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES E CENTROS ESCOLARES:

Os 3 clubes federados e os 3 centros escolares que maior participación aporten á proba de 2 K, recibirán trofeo e os seguintes vales de material deportivo por valor de 300, 200 e 100€.

Deberán inscribirse coa mesma denominación na plataforma, e, no caso dos clubes federados, deberán aportar o nome do club e a licencia federativa en vigor na propia inscrición.

Haberá servizo de gardarroupa ubicado na zona de meta e recollida de dorsais.

Haberá servizo de avituallamento líquido aprox. no punto km 5 da proba de 10 k, e avituallamento líquido e sólido na meta de todas as probas.

Habilitarase un servizo de duchas e vestiarios no campo de fútbol de Santa Isabel e no pavillón Lorenzo de la Torre.

Haberá servizo de fisioterapia ubicado na zona de meta desde as 17:00 ate as 21:00 horas aproximdamente.

APARCAMENTO GRATUITO:

 

No Campus Universitario pódese aparcar de maneira gratuita durante as fins de semana (zona ORA).

 

APARCAMENTO DE PAGO:

 

Scroll al inicio