“OS 10.000 PEREGRINOS” TRAERÁ O MELLOR DO MUNDO DO ATLETISMO ÁS RÚAS SANTIAGUESAS

Esta mañán foi presentada unha nova edición de “Os 10.000 Peregrinos”, unha proba deportiva aberta a todos e todas e con distancias que se adaptan ás capacidades de calquera corredor. A carreira terá lugar o vindeiro 6 de abril, estando xa aberto o prazo de inscricións.

Nesta edición de 2024 poderase escoller entre os 10k e os 5k, mentras que os escolares poderán desfrutar dun 2k. Os que opten por non correr terán a opción de percorrer as rúas compostelás nunha andaina. Os interesados en participar poden realizar as súas inscricións en https://os10000peregrinos.gal/inscribete/ ata o 3 de abril

A carreira partirá diante da Facultade de Medicina, percorrendo a Avenida Juan XXIII, Burgo das Nacións, Avenida Castelao, Vista Alegre, Salvadas, Galeras, Pombal, Avenida Juan Carlos I, Montero Ríos, Praza de Galicia, adentrándose na zona vella pola Senra, Toural e rúa do Vilar, para rematar na praza do Obradoiro.

Atletas de primeira liña como Carlos Mayo (récord España Media Maratón), Nico Cuesta, Ester Navarrete ou Alice Finot (quinta clasificada no Mundial) xa confirmaron a súa asistencia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a consolidación da proba pese a ser esta a súa segunda edición. Unha iniciativa enmarcada no apoio ao deporte que acada hoxe ás 800 entidades beneficiadas. “Os deportistas de alto nivel fan de lebres de ilusión dos máis modestos” sinalou o máximo recto do ente provincial

No acto de presentación Míriam Louzao, concelleira Cultura e Turismo, representou ao Concello de Santiago lembrando que “á praza do Obradoiro chegan miles de peregrinos e aquí tamén o farán os participantes” dunhaproba que quere dar cabida a tanto aos veciños e veciñas como a todos os que acudan a tomar a saída.

Para o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, esta é “unha proba referente en Galicia grazas a Deputación”, un organismo que apoia tanto probas de elite como as que fomentan o traballo de base, citando como exemplo o circuito de carreiras provincial. “O elenco participante é incrible con récords, medallas, atletas olímpico. É unha proba única en Galicia”.

Scroll al inicio